O País Vasco poderá homologar titulos

O País Vasco poderá homologar titulos

O Grupo Parlamentario de Cidadáns rexistrou a petición de comparecencia “urxente” da ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, ante o pleno do Congreso dos Deputados, despois de que o Goberno central acepte transferir a competencia da homologación dos títulos estranxeiros de Medicina ao País Vasco.En concreto, a formación laranxa solicitou explicacións á titular da carteira


O Grupo Parlamentario de Cidadáns rexistrou a petición de comparecencia "urxente" da ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, ante o pleno do Congreso dos Deputados, despois de que o Goberno central acepte transferir a competencia da homologación dos títulos estranxeiros de Medicina ao País Vasco.

En concreto, a formación laranxa solicitou explicacións á titular da carteira de Sanidade sobre este asunto que converterá ao País Vasco na primeira comunidade autónoma que terá o atributo de homologar os títulos de médicos estranxeiros.

Pese a aceptar transferir a homologación de títulos estranxeiros, o Goberno central rexeitaría as transferencias da Seguridade Social
O próximo día 28 de decembro sería o prazo fixado entre o Executivo de Pedro Sánchez e o País Vasco para ostentar esta potestade.

Con todo, pese a aceptar transferir a homologación de títulos estranxeiros, o Goberno de España rexeitaría as transferencias da Seguridade Social.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor