O Supremo considera lícitos os datos do GPS dun vehículo de empresa se o traballador está informado da súa instalación A Sala IV, do Social, do Tribunal Supremo ha sinalado nunha sentenza que o uso dos datos obtidos por un geolocalizador GPS instalado no vehículo de empresa é lícito nos casos nos que o traballador
O Supremo considera lícitos os datos do GPS dun vehículo de empresa se o traballador está informado da súa instalación
A Sala IV, do Social, do Tribunal Supremo ha sinalado nunha sentenza que o uso dos datos obtidos por un geolocalizador GPS instalado no vehículo de empresa é lícito nos casos nos que o traballador estea informado da instalación do dispositivo, teña restrinxida a utilización do coche á actividade laboral e só recollan información sobre o movemento e localización do vehículo.
O litixio orixinouse nunha empresa dedicada ao comercio polo miúdo de equipos de telecomunicacións. A traballadora, que ostentaba o cargo de supervisora, tiña asignado un coche de empresa que utilizou de maneira “intensa” durante un período en que ela estaba de baixa médica e o fin de semana inmediatamente anterior, a pesar da prohibición do uso do vehículo para fins alleos á actividade laboral.
Este uso do vehículo foi rexistrado no seu sistema de GPS de cuxa instalación a traballadora estaba plenamente informada. Por mor diso, foi despedida.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.