moroso por deber 17 céntimos a Portos de Galicia
moroso por deber 17 céntimos a Portos de Galicia Xornal Galego Noticias de Galicia en Galego
XornalGalego.com Xornal de Noticias de Coruña, Lugo, Ourense Pontevedra. Vigo, Santiago, Ferrol... Horóscopos, humor, lecer...
moroso por deber 17 céntimos a Portos de Galicia A Axencia Tributaria e a Consellería de Facenda perdoaron no 2019 as débedas inferiores a tres euros porque saía máis caro exixilas que cobralas. No 2022 decidiron anular os débitos de menos de tres euros “por motivos estritamente económicos”.
Con todo, o pasado 16 de abril de 2026, Portos de Galicia (ente adscrito á Consellería do Mar) publicou no Diario Oficial de Galicia unha lista con 241 reclamacións de tarifas portuarias. Entre elas, unha por 17 céntimos e outra por 92, ademais doutras tres que non chegan a tres euros.
Aínda que non figuran os nomes dos afectados, si os identifica cos seus DNI. Polo tanto, aparecen sinalados publicamente como morosos por esas pequenas cantidades.
Segundo o anuncio, tamén sairán como debedores no Boletín Oficial do Estado, porque a eficacia da notificación a través do DOG queda supeditada á súa divulgación no estatal. Cando iso ocorra, os afectados disporán de 15 días naturais para comparecer na sede de Portos en Santiago. Se non o fan, a reclamación proseguirá por vía executiva, con posibles recargos e mesmo embargos.
Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo