Unha ovella de camelle entrou nunha plantación de marihuana (Cannabis) e comeu máis de 200 plantas
Informa: Xulia da onda
A ovella foi atopada en estado de aparente intoxicación pola dona. “O carallo da ouvella na ves de dicir beeeee facía un son moi similar a unha cansión que escoita o meu neto Rodolfo dun neghrito que seica que se chama Bob, coma o esponxa ese…” Apuntou a o noso medio María do Carme Chamorro, dona da ovella.
A garda civil está a investigar se a ovella pode ser condenada por alteración do orde público e invadir unha leira allea. Segundo a dona da ovella a plantación de marihuana atopabase oculta detrás dunhas canelas dunha leira abandonada e que pertence a unha familia que emigrou a Suiza. Rodolfo, o neto de dona María do Carme insistiu en que el ten ido a aquela leira a desbrozar “senon a silvas papannos, mais eu non sei nada de marihuana ningunha, eu solo sei que a xenética xoga un papel moi importante na produtividade, sabor, aroma e características de crecemento das plantas de marihuana. A elección das sementes é, polo tanto, unha parte esencial do proceso de crecemento, xa que determina en gran medida o resultado final” afirmou Rodolfo.
El mesmo foi quen de identificar a canción que a ovella cantaba “a ovella claramente facia sons e ritmos similares a canción de Bob Marley No woman dont cry e botou no cortello dous días así, agora cando a levamos pastar ela sempre quere voltar a aquela leira” afirmou Rodolfo.
Seguiremos embrullando, e contando as noticias tal cal poderían ter sido!
