Vigo aproba case tres millóns de euros para un Balaídos de mundialVigo aproba case tres millóns de euros para un Balaídos de mundial

A Xunta de Goberno de Vigo aprobará este venres o inicio das obras da grada de Tribuna en Balaídos

O executivo local vigués dará luz verde este venres ao inicio dos traballos de construción da grada de Tribuna no estadio de Balaídos. O prazo de execución da obra é de 14 meses, cun custo estimado en case tres millóns de euros.

O alcalde, Abel Caballero, instou a Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra a financiar esta actuación a partes iguais co Concello. Esta intervención forma parte do plan para que o recinto poida acadar os 43.000 espectadores de capacidade, un requisito indispensable para aspirar a ser sede do Mundial de Fútbol de 2030.

Deste xeito, Caballero afirma que comezan “o principio da obra física da nova grada de Tribuna”, cuxo custo ascende a 2.821.000 euros. O rexedor confirma que a executará Aqualia e que os traballos se prolongarán durante 14 meses.

“Estamos xa coa transformación da grada de Tribuna, o que nos vai permitir acadar unha capacidade de 43.000 espectadores no campo de Balaídos, que é o requisito que esixe a FIFA para o Mundial”, sostén o alcalde.

Nas súas palabras, “o proxecto previo para facer esta obra leva un tempo xa elaborándose”, e agora entran de cheo na fase de execución material da actuación.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta