Xornada sobre a nova Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

Xornada sobre a nova Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

Xornada sobre a nova Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia e a súa incidencia nos CONCELLOS Lugar: Lugo | Organizador | Deputación de Lugo Datas Día Hora inicio Hora fin 27/06/2018 9:45 13:30 Evento “Xornada sobre a nova Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia e a súa incidencia

Xornada sobre a nova Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia e a súa incidencia nos CONCELLOS
Lugar: Lugo | Organizador | Deputación de Lugo Datas

Día Hora inicio Hora fin
27/06/2018 9:45 13:30

Evento

“Xornada sobre a nova Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia e a súa incidencia nos Concellos”

27 de xuño de 2018

Mañá

9:45h.– Recepción dos asistentes

10:00h – 11:00h.– Relatorio: Aspectos xerais da Lei 10/2017. Especial referencia ás competencias municipais, o réxime de intervención administrativa e as verbenas e festas populares. Dona Ana Purificación Otero Ferreiro. Subdirectora Xeral de Xogo e Espectáculos Públicos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (Xunta de Galicia).

11:00h. – 12:00h.– Relatorio: Organización e desenvolvemento dos espectáculos públicos e das actividades recreativas. Don Jesús Lata Buceta. Xefe de Servizo de Espectáculos Públicos e Desenvolvemento Normativo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (Xunta de Galicia).

12:00h.– Pausa.

12:30h. – 13:30h.– Relatorio: Vixilancia e inspección dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas. Réxime sancionador Dona Isabel Varela López. Xefa de Sección do Negociado de Policía, Tráfico e Transporte do Excmo. Concello de Lugo.

OBXECTIVOS: A Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia é a primeira norma autonómica con rango legal que establece unha regulación xenérica, actualizada e de carácter global desta materia e enche o baleiro normativo autonómico existente na actualidade. Esta lei vén de publicarse no DOG do pasado 2 de xaneiro e establece unha “vacatio legis” de seis meses desde a súa publicación. En consecuencia, o obxectivo principal desta xornada é abordar os aspectos máis relevantes da nova lei e as implicacións da súa entrada en vigor.

LUGAR: – Salón de actos da Deputación de Lugo

DATA: – 27 de xuño de 2018 (sesión de mañá)

INSCRICIóN: – Non é necesaria a inscrición previa. O aforo está limitado pola capacidade do salón de actos da Deputación. ORGANIZA: – área de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Medio Ambiente

DESTINATARIOS:

– Secretarios, secretarios interventores, interventores, policías locais, e demais persoal ao servizo dos entes locais e do sector público local.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor