Adestrador a xuízo por ameazar de morte e berrar insultos racistasAdestrador a xuízo por ameazar de morte e berrar insultos racistas

Condenado en Vigo un adestrador por compartir unha imaxe pedófila con xogadores menores

A Xustiza condenou en Vigo un adestrador auxiliar dun equipo de fútbol cadete por compartir, nun grupo de WhatsApp formado por 22 xogadores de 14 e 15 anos, unha imaxe de contido pedófilo. Os feitos foron xulgados na Sección Penal do Tribunal de Instancia de Vigo, onde o caso se resolveu mediante un acordo entre as partes.

Segundo o escrito de acusación, o técnico —maior de idade e sen antecedentes— mantivo conversas co grupo de menores durante o período no que realizaba prácticas como adestrador auxiliar. O 10 de abril de 2025, enviou ao chat un gif de contido sexual prohibido, sendo plenamente consciente da idade dos destinatarios.

A Fiscalía presentou unha proposta de conformidade pola comisión dun delito de distribución de pornografía infantil, en concurso co delito de exhibicionismo e provocación sexual, o que permitiu pechar o procedemento sen necesidade de celebrar un xuízo completo.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta