Morre a muller de 54 anos atopada ferida e semiinconsciente en PortonovoMorre a muller de 54 anos atopada ferida e semiinconsciente en Portonovo

Investigan a morte dunha muller de 54 anos atopada ferida e semiinconsciente en Portonovo

Unha muller de 54 anos faleceu este mércores pouco despois de ser localizada tirada no chan, semiinconsciente, na rúa Areal, en pleno centro de Portonovo.

A vítima foi atopada arredor das sete da mañá, nun charco de sangue e con feridas na cabeza, ademais de lesións noutros puntos do corpo, segundo relatou a persoa que deu o aviso.

A muller foi trasladada con vida ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Baltar, situado a pouca distancia do lugar onde apareceu, mais acabou falecendo horas despois, tal e como confirmou o Concello de Sanxenxo.

 

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta