O mellor equipo do mundo

[ 20/01/2009 ] Levo algún tempo querendo contarvos algo, estimados compañeiros, pero non atopaba a forma. Non é que a teña agora, pero dado que a presentación do equipo se nos bota enriba, síntome na obriga de facelo, aínda que non estou seguro de poder explicarme coa debida claridade. Todo aconteceu fai apenas dez días.

[ 20/01/2009 ] Levo algún tempo querendo contarvos algo, estimados compañeiros, pero non atopaba a forma. Non é que a teña agora, pero dado que a presentación do equipo se nos bota enriba, síntome na obriga de facelo, aínda que non estou seguro de poder explicarme coa debida claridade. Todo aconteceu fai apenas dez días. Nun primeiro momento pareceume un pesadelo pero, conforme foi pasado o tempo, penso que podía tratarse incluso dun fermoso feito.

Unión
Unión

Unha noite espertei sobresaltado. Alguén me falara con moita claridade e enerxía; sen embargo, séndome a súa voz e os seus trazos moi familiares, non puiden identificalos con exactitude, aínda que, podo asegurárvolo, procedía do contorno do equipo. Agora vén o difícil. Non sei como explicarvos o que aquela voz me dixo, aínda que o mellor quizais sexa repetir exactamente as súas palabras. “Tedes que esforzarvos por ser o mellor equipo do mundo”, comentou cunha forza atronadora e unha enorme ilusión.

Como seguramente vos estará acontecendo agora a vós, eu rinme; pero só puiden facelo un momento. Cando vin a expresión daquela cara tan familiar e ao mesmo tempo tan imprecisa, púxenme moi serio. De tela visto vós, asegúrovos que vos pasaría o mesmo. O seu xesto non reflectía o menor signo de anoxo, pero si unha decepción como non puidera ver nunca nin sequera na cara dun neno.

Entroume un calafrío e sentinme moi incómodo. “¡Está ben!, podo entender que mo digas a min e non a outras persoas con máis responsabilidade que eu neste proxecto, por que son o encargado de transmitir as mensaxes, pero dáste conta do que pides?”, protestei nun ton de irritación que considerei máis que xustificado. “¡Ninguén me vai tomar en serio!”, engadín xa con certa desesperación.

Pero, sabedes que? Non me respondeu. Non dixo nada! Só emitiu un sorriso co que borrou da súa cara todo signo de profunda decepción anterior, coma se dese por feito que iamos facer o que nos pedira. Vendo que facía ademán de desaparecer, coma se o asunto estivese xa perfectamente canalizado, berreille:
“Ti non sabes nada de ciclismo, verdade? Non sabes que temos que enfrontarnos ao longo do ano a equipos moi poderosos en cadro de corredores, en medios, experiencia, historia… nin sabes tampouco que somos un proxecto novo, case aínda en período de xestación. Por que nos pides ese imposible?”, reprocheille.

Só cando pronunciei a palabra imposible fixo un xesto de contrariedade. Polo demais escoitou con atención a miña queixa, pero non me respondeu. Desapareceu sen máis e deixoume co enigma. Así que tiven que apoiarme en vós: ciclistas, directores, auxiliares, persoal todo, para ir diluíndo este pesadelo. Abondoume con vervos a todos traballar, cada un no seu e todos no do equipo, para empezar a entender.

A voz misteriosa non nos estaba pedindo que conseguísemos maior número de vitorias que ninguén. Non nos estaba esixindo un despropósito, porque, en realidade, sabía moito de ciclismo. Cando nos dicía que nos esforzásemos por ser o mellor equipo do mundo, referíase a crear unha forte cohesión e estábanos convidando a que axudásemos a ser mellor ao compañeiro. Se cada un obra dese modo; é dicir, pon unha pouca da súa forza en facer mellores aos compañeiros do grupo, acabará recibindo o apoio de todos os seus compañeiros co propósito de facelo mellor a el. A recompensa é grande.

Cando un equipo funciona como tal, todos son bos. A razón é que todos os membros do grupo están poñendo un pouco do seu parte en facer mellor ao compañeiro. Cando o equipo non funciona, todos parecen rematadamente malos, e xa se pode cambiar a un ou a todos, que a situación non mellorará. Estes días comprendín que podemos aspirar a ter o mellor equipo do mundo en igualdade de condicións con calquera, se podemos ter a afección moi preto.

O máis fabuloso de todo é que esta tarde descubrín a natureza de quen con tanta convicción propoñía que loitásemos por ser “o mellor equipo do mundo”. Faleivos de alguén realmente moi próximo e, ao mesmo tempo, difícil de identificar. Iso ten unha explicación. Quen así se manifestaba era unha parte de todos e cada un de vós. Se sé quere desde a plena consciencia, a semiinconsciencia ou incluso desde a propia inconsciencia. Pero ese anhelo había, como o desvelaron outra vez a vosa actitude e o voso traballo destes días.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor