[ 28/01/2009 ] O Xacobeo Galicia decidiu as formacións que presentará na Volta a Mallorca (8-12/02) e o Giro di Grosseto (13-15/02), probas coas que abrirá a súa terceira tempada ciclista. A challenge balear volverá marcar o comezo da competición para o equipo galego, como xa o fixera en 2007, e disputarase do 8 ao
Xacobeo Galicia
Xacobeo Galicia
Na Volta a Mallorca o equipo profesional galego presentará os seguintes ciclistas: Gustavo Domínguez, Eduard Vorganov, Iban Mayoz, Iván Raña, Juan Mourón, Alejandro Paleo, Vladimir Isaychev, Delio Fernández, Pedro Fernández, Héctor Espasandín e Marcos García.
O terreo de media montaña das tres últimas etapas da rolda balear adáptase ás condicións de Gustavo Domínguez, Eduard Vorganov e Iban Mayoz, que, en principio, sairán pensando na xeneral. Pola súa banda, Iván Raña dará en Mallorca o primeiro paso no reto que se marcou de triunfar no ciclismo, como o fixera na modalidade de tríatlon, na que chegou a proclamarse campión do Mundo.
No Xiro dei Grosseto, o Xacobeo Galicia contará con: Ezequiel Mosquera, Gonzalo Rabuñal, Gustavo C. Veloso, David Herrero, Carlos Castaño, Vladimir Isaychev, Juan Mourón e Alejandro Paleo. A carreira da rexión da Toscana (norte de Roma) consta de tres etapas e será a primeira competición do equipo profesional galego en Italia nos seus tres anos de existencia.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.