Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de VigoRescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, a través do helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores seis persoas que se achaban nun veleiro a 155 millas da costa de Vigo, nunha operación que cualificaron como “límite” debido á gran distancia.

Tratábase dunha embarcación con bandeira estonia á que tiveron que auxiliar “con ventos do sur de 30 nós e ao límite de combustible”, segundo informaron fontes do dispositivo de rescate. A longa distancia e as adversas condicións meteorolóxicas dificultaron a intervención, que finalmente puido concluír sen danos persoais.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta