Primeira sentenza que obriga a un youtuber a ler na súa canle a condena por insultar a outro

Un xulgado de Barcelona condenou a un youtuber por intromisión ilexítima na honra doutro, ao que insultou reiteradamente, e obrígao a ler a sentenza na súa canle. “Esta sentenza marca un antes e un despois para as canles de YouTube e que se dedican a analizar outros youtubers pero empregando o insulto, como medio de comunicación para conseguir polémica”, asegura David Bravo, avogado de Wismichu, quen asegura que é a primeira sentenza que obriga o acusado para ler a súa sentenza neste tipo de redes sociais.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta