Unha iniciativa solidaria trocará masaxes por xoguetes

Unha iniciativa solidaria trocará masaxes por xoguetes

Unha iniciativa solidaria trocará masaxes por xoguetes Terá lugar esta fin de semana en catro cidades galegas a cargo de alumnos dunha escola de quiropráctica   As iniciativas solidarias nestas datas de Nadal multiplícanse. O último anunciouno unha escola de quiropráctica de Galicia, que está disposta a intercambiar masaxes por xoguetes para nenos de familias

Unha iniciativa solidaria trocará masaxes por xoguetes
Terá lugar esta fin de semana en catro cidades galegas a cargo de alumnos dunha escola de quiropráctica

 

As iniciativas solidarias nestas datas de Nadal multiplícanse. O último anunciouno unha escola de quiropráctica de Galicia, que está disposta a intercambiar masaxes por xoguetes para nenos de familias sen recursos. A campaña desenvolverase este sábado nas cidades galegas de Santiago, A Coruña, Vigo, Ferrol e Pontevedra nos centros da Escola Parasanitaria Europea. Os que entreguen un xoguete recibirán unha masaxe nas costas de 20 minutos de duración a cargo do alumnado do centro, que se ofreceu voluntariamente para participar nesta iniciativa.

A campaña desenvolverase de 10.00 a 20.00 horas en horario ininterrompido e sen necesidade de pedir cita previa para recibir a masaxe. Ademais, os cidadáns que o desexen durante todo o ano tamén poderán traer 3 kg de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos, así como material sanitario para a ONG Cultivant Vida.

Os xoguetes que se recollan doaranse ás ONG Dignidad Galicia, Ovejas Negras, Fundación Andrea, Discamor Ferrol e Afa Ferrol, así como aos servizos sociais dos Concellos de Pontevedra e Vigo. Ademais, os cidadáns que queiran participar nesta campaña solidaria pero que non poidan acudir a estes centros o día 16 poderán entregar o seu xoguete antes desta data, recibindo un bono que se pode cambiar por unha masaxe, para realizar outro día.

“Esta campaña solidaria xorde do equipo de profesionais da Escola como un programa de voluntariado no que tanto estudantes en formación como profesionais colaboran de xeito altruísta”, explica Flor Núñez, secretaria do centro formativo.

«O noso obxectivo é que todos os nenos poidan gozar dun xoguete no Nadal e non perder o sorriso. Podemos axudar a moitos nenos a cumprir o seu soño de ter un xoguete de Papá Noel ou de Reis Magos. Ademais, queremos concienciar aos nosos estudantes, futuros profesionais da terapia natural, da importancia de axudar aos demais”, conclúe Núñez.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor